Friday 03 de May de 2024

Inés Rey, elexida nova secretaria xeral dos Socialistas Coruñeses cunha ampla maioría


Rey: “Hoxe saimos cun partido máis unido, achegado á cidadanía, integrador e onde a militancia respaldou o proxecto de cidade que lidero dende fai máis de 2 años”

Rey acadou unha ventaxa de casi 30 puntos nas primarias á secretaría xeral

Inés Rey foi escollida hoxe nova secretaria xeral da Agrupación Socialista coruñesa. A tamén alcaldesa da Coruña recabou un amplo apoio dos militantes locais, que acudiron esta mañá a votar á sede da agrupación en Zalaeta.

A súa lista obtivo un respaldo superior ao 63%, con 264 votos fronte a 153, nun proceso que contou cunha participación moi elevada. Rey agradeceu o apoio marioritario dos militantes. “Hoxe saimos cun partido máis unido, achegado á cidadanía, integrador e onde a militancia respaldou o proxecto de cidade que lidero dende fai máis de 2 años” indicou a nova secretaria xeral.

A tamén alcaldesa da Coruña conta cun equipo plural, que da cabida a todas as sensibilidades, e que actuará en liña coas novas direccións autonómica e provincial do partido. “Coido que todos temos que traballar na mesma liña para que o partido ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade galega”, indicou Inés Rey. O novo equipo que encabeza Rey conta con Francisco Dinís Díaz Gallego como vicesecretario xeral e con Gonzalo Castro como secretario de organización.

A rexedora coruñesa explicou que o cargo orgánico que ocupará facilitará a coordinación entre a agrupación local e o propio executivo que preside. “O Partido Socialista é o que mellor representa a nosa sociedade, e escoitando aos militantes daremos máis voz aos cidadáns”, apuntou Rei, que quere devolver á agrupación local o papel protagonista que esta ocupou durante anos tanto na política autonómica como na nacional. “É o momento de unir forzas para ter un partido máis capaz, que serva para levar os valores do socialismo e desta cidade máis lonxe”, dixo.

O resultado obtido hoxe pola alcaldesa mellora en 10 puntos os apoios recibidos nas primarias do 2018. A consolidación de Inés Rey na alcaldía e no partido tena levado a incorporarse ao comité federal, máximo órgano de dirección entre congresos do PSOE.

Inés Rey agradeceu a toda a militancia socialista non só o apoio recibido, senón a alta participación rexistrada hoxe, e asegurou que escoitará todas as voces e traballará para para que o partido sexa máis útil á cidadanía contando con toda a forza da militancia.

A nova comisión executiva municipal queda composta polos seguintes militantes socialistas:
Secretaria Xeral: Inés Rey García
Vicesecretaría Xeral: Francisco Dinís Díaz Gallego
Secretaría de Organización: Gonzalo Castro Prado
Secretaría Adxunta á Organización: Chema Castrillo Neira
Secretaría de Administración e Finanzas: Sara Ares Lema
Secretaría de Política Municipal: Santiago Antonio Roura Gómez
Secretaría de Acción Electoral: Cristina Otero Lago
Secretaría de Formación: Gloria María del Valle Rodríguez
Secretaría de Igualdade: María Dolores Rodríguez Amoroso
Secretaría de Dereitos LGTBI+: Noemí Díaz Vázquez
Secretaría de Benestar Social: Nereida María Canosa Rodríguez
Secretaría de Inclusión: María Carmen Nieves Cabanas Vázquez
Secretaría de Maiores: Pachi Cores Monteagudo
Secretaría de Educación: Alfonso González López
Secretaría de Cultura: Betiina Kohlhaas
Secretaría de Deportes: Humberto Santiago Ramírez Fouz
Secretaría de Medioambiente e Axenda Urbana: Francisco Javier Ramírez Núñez
Secretaría de Mobilidade: José Manuel Cereijo Garea
Secretaría de Infraestructuras e Ordenación do Territorio: Eduardo Toba Blanco
Secretaría de Distritos e Planificación Estratéxica: Montserrat Paz Romero
Secretaría de Emprego: María Aurora Moinelo Paradela
Secretaría de Promoción Económica e Reactivación Social: Patricia Bravo Barreiro
Secretaría de Mercados e Comercio: Ángela Barrán Caridad
Secretaría de Participación e Movimento Vecinal: Fernando José Carrillo López
Secretaría Executiva: María Nieves Vázquez Novo
Secretaría Executiva: Fito Ferreiro Seoane
Secretaría Executiva: María Paz Villar Paredes
Secretaría Executiva: Jesús Mosquera Rivas
Secretaría Executiva: María Jesús Quintela Santos
Secretaría Executiva: Fermín Javier Curto Novas
Secretaría Executiva: Luis José Rodríguez Novoa
Secretaría Executiva: Gustavo del Río Prieto
Secretaría Executiva: Fernando José Rodríguez González
Secretaría Executiva: Manuel Tajes Gómez
Secretaría Executiva: Carlos Regueiro Domingo
Ademais, as candidaturas impulsadas por Inés Rey para a elección de representantes da agrupación socialista coruñesa nos comités provincial e nacional do PSdeG impuxéronse tamén por un amplo marxe, con Yoya Neira e Carmen Marón encabezando cada respectiva candidatura.